Skip to main content
Lugo

A Uned de Lugo abre o prazo para un curso de mitoloxía

Por 24 Marzo, 2024Sin comentarios

As historias de mitos e lendas seguen cativando hoxe en día a maiores e a pequenos, isto débese tanto aos propios mitos como ás obras de arte inspiradas neles creadas ao longo da historia. Por iso, a UNED de Lugo abre o prazo para un curso de mitoloxía impartido por Raquel Iglesias Rodríguez, licenciada en Historia da arte, profesora titora UNED Lugo e coordinadora de Extensión Universitaria do centro.

Realizarase online e presencial, do03 ao 16 de abril, de 10.00 a 13.00 horas. os interesados poden solicitar máis información a través da web. Coa mitoloxía podemos chegar a entender o mundo simbólico que nos rodea e atopar un significado a través das nosas experiencias. Imos poder explorar, a través dos mitos, temas universais como son a morte, o amor, o destino… Estas historias son transmitidas de xeración en xeración e forman parte da identidade cultural de cada unha das sociedades en que se crearon, xa que cada cultura ten a súa propia mitoloxía.