Skip to main content
Lugo

Lugo acolle unha a xornada sobre a igualdade efectiva no terreo laboral

Por 21 Marzo, 2024Sin comentarios

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou en Lugo na xornada Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: emprego en igualdade, organizada no marco do campus formativo da Xunta sobre igualdade laboral co obxecto de dar conta dalgunhas das novidades que inclúe esta norma.

Así, a directora xeral fixo alusión ás actuacións transversais no eido do emprego e das relacións laborais, así como a novos conceptos entre os que se atopa o de benestar laboral. Para logralo, referiuse á necesidade de accións como o fomento da conciliación, da calidade do emprego feminino e das políticas de seguridade e de saúde no traballo con perspectiva de xénero.

Na xornada, abórdase -entre outras- a promoción da igualdade de xénero nas políticas activas de emprego e en todos os niveis do sistema educativo incluída a formación profesional, ademais de medidas especiais en relación con sectores produtivos onde predominan as mulleres e con traballos feminizados non visibilizados nin valorados. Para acadar a igualdade laboral, tamén se trata a promoción da igualdade de xénero na negociación colectiva.

No programa tamén se inclúe a Certificación Galega de Excelencia en Igualdade, un distintivo que recolle a nova Lei para recoñecer as empresas ou entidades do terceiro sector que destaquen na aplicación das políticas de igualdade para a equiparación laboral entre mulleres e homes.