Skip to main content
Lugo

O persoal do sector bancario mobilízase este venres en Lugo

Por 21 Marzo, 2024Sin comentarios

Este venres ten lugar unha nova xornada de folga do sector bancario. Tras a histórica xornada de folga conxunta do pasado 26 de febreiro en todo o ámbito financeiro, logrouse un acordo no sector do aforro, pero a patronal da banca mantense na mesma postura inmobilista, denuncia CCOO. No caso de Lugo, a mobilización será de 11.00 a 12.00 horas diante da oficina do Banco Santander.

O sindicato insta as cúpulas directivas do sector —que bateu todas as súas marcas de beneficios— a reverteren os seus aumentos de soldos e reparticións de dividendos para, con iso, incrementaren de maneira xusta os salarios do persoal. Neste sentido, o sindicato lembra que o beneficio xerado por cada persoa traballadora no sector financeiro en España pasou de 86.045 a 155.172 euros en só dous anos. Comisións reclama reducir a carga laboral e a presión comercial, así como dotar os centros de traballo do persoal axeitado para dar un servizo de calidade.