Skip to main content
Lugo

Uns 600 atletas participan na terceira proba do Circuíto Corre con Nós no barrio de San Fiz

Por 21 Marzo, 2024Sin comentarios

O barrio de San Fiz acollerá este domingo, 24 de marzo, a terceira proba do XX Circuíto Larsa Corre con Nós. A carreira popular, organizada pola concellería de Xuventude e Deportes, celebrarase en horario de mañá, baixo o lema Corre con Elas, estando enmarcada dentro da programación de actividades do Concello con motivo do 8M, Día Internacional da Muller.

“Queremos dedicarlle esta proba a todas as nenas, mozas e mulleres que cada ano participan neste circuíto de carreiras e que son exemplo de constancia e superación”, explicou o edil Jorge Bustos. Ao finalizar as probas haberá diversos agasallos conmemorativos, con motivo desta efeméride coa que queren reivindicar unha igualdade real e efectiva en todos os ámbitos da sociedade .

Nesta terceira cita do calendario, está prevista a participación de máis de 600 atletas de todas as idades, se ben xa son máis de 1.600 as persoas inscritas no circuíto, !coa previsión de que esta cifra continúe incrementándose coas novas probas que restan para completar as seis carreiras que o compoñen”. As probas deste domingo disputaranse nun novo circuíto de asfalto, que se estrea como novidade este ano polo entorno do barrio de San Fiz con saída e chegada preto da sede da Policia Local na rúa Rof Codina.

O inicio das probas será a partires das 12.00 horas, comezando a categoría Mini de 5 a 7 anos, seguiránnos os de Sub 10 e Sub 12 ás 12.05, os de Sub 14 e Sub 16 a partir das 12.15 horas e os adultos que comezarán o percorrido de 4.800 metros ás 17.30 horas. A proba discorrerá pola rúa Rof Codina, Virxe da Esperanza  e Montirón, que permanecerán cortadas durante a mañá do domingo entre as 11.30 e as 13.30 horas aproximadamente.

Ao finalizar as carreiras e como ben sendo habitual todas e todos os chegados á meta recibirán o avituallamento oficial do circuíto que correrá a cargo dos patrocinadores e colaboradores, como son Larsa e Coca Cola. Así mesmo, a organización disporá ao carón da saída de baños portátiles e porá a disposición o servizo de duchas nas Pistas de Atletismo Municipais Gregorio Perez Rivera. Unha vez finalizada a proba poderanse comprobar os resultados e a clasificación provisional do circuíto na web oficial do mesmo www.correconnos.com