Skip to main content
Lugo

A Federación de Veciños celebra o Día da Árbore no Rato

Por 23 Marzo, 2024Sin comentarios

O deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou na celebración do Día da Árbore que organizou este sábado no entorno do río Rato a Federación de Asociación de Veciños de Lugo. Xunto á Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o presidente da entidade veciñal, Jesús Vázquez, o deputado fixo entrega dun loureiro a cada asistente, que logo axudou a plantar.

Miguel Fernández felicitou á Federación de Veciños pola iniciativa, que se celebra desde hai máis de 30 anos, e destacou que a Deputación ten “unha liña de traballo importante destinada ao coidado e a posta en valor do medio ambiente, e ao impulso de políticas que aproveiten os recursos naturais da provincia”.

Unha estratexia que, segundo sinalou, “trazamos para toda a provincia, pero que é particularmente acaida no territorio das Reservas da Biosfera”, engadindo que na contorna do Rato, que pertence á Reserva Terras do Miño, a institución provincial ten en marcha iniciativas como os hortos urbanos ou as actividades gratuítas de lecer e educación ambiental.

Coa celebración do Día da Árbore, a Federación de Asociacións de Veciños da provincia busca concienciar sobre o medio ambiente, a importancia da reforestación do territorio ou o coidado das zonas verdes. O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou na celebración do Día da Árbore que organizou este sábado no entorno do río Rato a Federación de Asociación de Veciños de Lugo. Xunto á Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o presidente da entidade veciñal, Jesús Vázquez, o Deputado fixo entrega dun loureiro a cada asistente, que logo axudou a plantar.

Miguel Fernández felicitou á Federación de Veciños pola iniciativa, que se celebra desde hai máis de 30 anos, e destacou que a Deputación ten “unha liña de traballo importante destinada ao coidado e a posta en valor do medio ambiente, e ao impulso de políticas que aproveiten os recursos naturais da provincia”.

Unha estratexia que, segundo sinalou, “trazamos para toda a provincia, pero que é particularmente acaida no territorio das Reservas da Biosfera”, engadindo que na contorna do Rato, que pertence á Reserva Terras do Miño, a institución provincial ten en marcha iniciativas como os hortos urbanos ou as actividades gratuítas de lecer e educación ambiental.

Coa celebración do Día da Árbore, a Federación de Asociacións de Veciños da provincia busca concienciar sobre o medio ambiente, a importancia da reforestación do territorio ou o coidado das zonas verdes.