Skip to main content
Lugo

Arroxo e Ferreiro reúnense co novo xefe provincial da DXT

Por 24 Marzo, 2024Sin comentarios

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantiveron unha xuntanza co xefe provincial da DXT en Lugo, Alberto Rodríguez Fernández para, segundo explicou Rubén Arroxo, “avaliar posibles colaboracións no futuro, mellorando a formación en seguridade vial das nenas e nenos de Lugo”.

O Tenente Alcalde destacou o traballo impulsado pola DXT nos últimos anos “para mellorar a seguridade nas rúas e estradas”, e destacou que “en Lugo traballamos nestes anos para aumentar a seguridade peonil e calmar o tráfico, chegando a adiantarnos á DXT en medidas como a redución de velocidade nas rúas de un só carril”.

Arroxo destacou medidas como o plan de calmado de tráfico “que permiten ás e os peóns circular pola rúa con seguridade”, e afirmou que “seguimos traballando para facer de Lugo un lugar amable coas persoas que decidan deixar o coche na casa e apostar por camiñar ou polos medios de transporte alternativos”.

A Tenencia de Alcaldía e a DXT traballarán para “achegar coñecemento e boas prácticas sobre seguridade vial a todas as nenas e nenos do Concello de Lugo, a través de colaboracións que se farán chegar aos centros de ensino”.