Skip to main content
Lugo

O PP lamenta que Evislusa “esté infrautilizada”

Por 24 Marzo, 2024Sin comentarios

Os populares foron críticos con que Evislusa “destine recursos sen ter encomenda de xestión ou encargo que lle permita facer de guía turístico do edificio multiecolóxico Impulso Verde”. Dende o Grupo Popular inciden en que “o traballo da Empresa Municipal do Solo pivote en trámites administrativos como resolucións das axudas municipais ao alugueiro, ou burocracia para recibir fondos europeos de rehabilitación”

A xuízo da voceira popular hai outras prioridades lembrando como a Empresa Municipal do Solo, que ten recursos humanos e un orzamentos duns 210.360,06 €, debería desempeñar un papel máis activo na promoción de accións para incentivar a recuperación de inmobles ou para construír vivenda, tal e como figura no Artigo 2 apartado D dos seus estatutos.

Hai que lembrar que a Empresa Municipal do Solo pode levar a cabo accións para introducir vivendas no mercado tal e como se recolle no artigo 2 dos seus estatutos apartado D no que se explica que Evislusa ten capacidade para “promoción, construción e rehabilitación de toda clase de bens inmobles, destinados a servizos e usos públicos e a actividades industriais, terciarias e residenciais incluídos os comprendidos no artigo 140 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia”.

Petición concentrar esforzos en redactar as bases para tramitar as axudas á rehabilitación (p.23 do informe de Xestión)

Os populares poñen na diana outras afirmacións do informe de xestión de Evislusa onde se recolle que “a finais de 2023 se inicia a redacción da proposta de bases reguladoras para Rehabilitación do casco histórico” certificando a advertencia que fixo o PP de que, se a estas alturas, non hai nin convocatoria, nin bases que regulen as intervencións para rehabilitar vivendas no recinto amurallado poderíamos poñer e risco as axudas de Europa.

Hai que lembrar que o remate do prazo para a adxudicación dos proxectos é o 31 de decembro de 2024, e que en xuño de 2026 conclúe o prazo para finalización das obras de rehabilitación.

Outra afirmación que para o PP é preocupante é a confirmación neste documento oficial de que “hai un descenso do número de solicitudes da petición das axudas para facer obras dentro de murallas” certificando o que o PP vén alertando “de que a zona non é atractiva para investir polas diferentes trabas burocráticas e os eternos atrasos nas tramitacións de licenzas por parte do goberno socialista-nacionalista de Lugo”. Un dato obxectivo que avala esta situación de parálise do urbanismo témolo na Tinería onde a Xunta de Galicia agarda dende hai 16 meses a que o Concello responda a petición para rehabilitar nº18 e o 22 da rúa catedral.

No informe de xestión de Evislusa tamén se reflicte que o 50% das familias que solicitaron axudas para o Programa Municipal de alugueiro municipal quedan fóra.

“No Partido Popular estamos preocupados polas familias que o goberno local deixou fóra das axudas do programa municipal de alugueiro”, di.

Din que no informe de Evislusa se anuncia que na convocatoria de 2023, á que se destinaron 210.000 euros para este concepto, se presentaron 275 peticións e que se concederon 136 quedando sen achegas para o alugueiro preto do 50% das persoas que pediron esta asistencia.