Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo pide que se identifiquen aos residentes da Calzada da Ponte para que poidan estacionar

Por 25 Marzo, 2024Sin comentarios

Os populares lamentan falta de planificación nas obras de peonalización da Calzada da Ponte que se inauguraron en decembro sen ter pechado o sistema para facilitar o estacionamento e o tránsito de vehículos dos residentes por esta vía que comunica a rúa Santiago ata a Ponte Romana. Presentan así un rogo con varias peticións como son implementar medidas para identificar os vehículos da veciñanza da zona para que poidan estacionar, solucionar problemas de drenaxe e eliminar o cableado de fachadas

Solicítase que se poña en marcha un sistema mediante rexistro, tarxeta ou similar que identifique os vehículos dos residentes para que poidan estacionar sen risco de que reciban multas.  Na actualidade existe a sinalización para que só poidan estacionar os vehículos dos residentes, pero aseguran que o Concello non implementou ningún sistema para identificalos.

Nese senso, tamén solicitan un mecanismo para garantir o acceso a non residentes a recoller a persoas, recoller ou entregar mercancías ou tarefas similares. Os residentes desta vía piden que se lles autorice poder circular por debaixo do paso soterrado da Ronda do Carme e que se indique a excepcionalidade de paso para a veciñanza.

Ademais, demandan que se cumpra o compromiso do Goberno local coa veciñanza da Calzada e se soterre o cableado, unha operación que figura no propio proxecto da obra. Tamén solicitan unha solución aos problemas de drenaxe que hai xa que tan só se deixaron 2 arquetas transversais de recollida de pluviais, o que provoca que en días de abundantes precipitacións se forme unha riada de auga.