Skip to main content
Lugo

Proxéctase en Lugo o documental ‘Yallah! Yallah!’ sobre a resistencia en Palestina

Por 25 Marzo, 2024Sin comentarios

Este mércores proxéctase o documental Yallah! Yallah! no Vello Cárcere de Lugo. A partir das 20.00 horas, poderase gozar da peza que se presentará en árabe con subtítulos en castelán, da man do produtor Cristian Pironavo, que asistirá ao encontro.

O documental achega a vida de sete persoas vinculadas ao mundo do fútbol, que mostran unha mirada íntima das súas vidas cotiás, revelando como conviven e resisten ante a opresión e a ocupación israelí en Palestina.