Skip to main content
Lugo

Culmina a Semana Santa en Lugo coa procesión do Santo Encontro

Por 31 Marzo, 2024Sin comentarios

A corporación municipal participou este domingo na procesión do Santo Encontro, na que tamén se honra á Virxe do Rosario, patroa do Concello de Lugo. Un paso, moi emotivo, que iniciou o seu percorrido ás 11.45 horas da mañá na confluencia das rúas de San Pedro e da Praza Maior e que partiu da Casa Consistorial.

A procesión estivo presidida pola alcaldesa, Paula Alvarellos e polo resto da corporación municipal até a chegada á Catedral onde se celebrou o Santo Encontro e a Solemne Misa Pontifical de Resurrección. Culmina así unha Semana Santa na que a rexedora destacou a alta participación da sociedade lucense nas actividades programadas.