Skip to main content
Palas de Rei

A Residencia de maiores de Palas cumpre tres anos de vida

Por 7 Marzo, 2024Sin comentarios

A Residencia de maiores de Palas cumpre tres anos de vida coas prazas cubertas e con lista de espera. Este, complexo residencial, único na Comarca da Ulloa, declarado por parte do Concello “Proxecto de Especial Interese”, supuxo unha inversión de 1.250.000 euros de iniciativa privada local que na actualidade está xerando unha vintena de postos de traballo directos en pleno núcleo urbano palense, na Avenida de Lugo.

Con motivo deste terceiro aniversario, o alcalde de Palas, Pablo Taboada acompañado da Concelleira de Servizos Sociais, Alba Villasante achegáronse ata as súas instalacións, onde aproveitaron para conversar e intercambiar impresións cos usuarios/as e profesionais, así como cos promotores locais, Belén García e Marcos Vázquez e a súa directora, Mónica Pardo. A xornada de hoxe no Centro, está caracterizada por unha serie de actividades coas que conmemoran a efeméride como a visualización dun video conxunto elaborado por eles, animación musical ou un menú especial con motivo do aniversario.

A súa directora, Mónica Pardo, destacaba que a día de hoxe “as 46 prazas totais das que dispón, das cales 20 son en réxime público e 26 privadas, están cubertas e a maiores hai unha ampla lista de espera. Hoxe contamos con 15 persoas de Palas de Rei e da Ulloa son 20 persoas internas no Centro Residencial a maiores tamén hai doutros lugares de Galicia como Ferrol, etc. En canto ó perfil das idades do usuarios e moi disperso vai dende o máis novo de 65 anos ata a máis maior que está a piques de cumprir 102 anos”.