Skip to main content
Palas de Rei

80 xogadores competirán no Torneo de Mus Camiño de Santiago de Palas de Rei

Por 13 Marzo, 2024Marzo 14th, 2024Sin comentarios

Uns 80 xogadores, chegados de diferentes puntos do norte de España, competirán este sábado, 16 de marzo, en Palas de Rei, na segunda edición do Torneo de Mus Camiño de Santiago.

O Campeonato arranca ás 10.00 horas, no Centro Comarcal, durará ata as 21.00 horas cando se entregaran os trofeos aos mellor clasificados.

Este Torneo está organizado pola Asociación LugoMuseiros xunto co Concello de Palas de Rei.