Skip to main content
Portomarín

Portomarín aposta pola conciliación a través dun campamento en Semana Santa

Por 2 Marzo, 2024Marzo 3rd, 2024Sin comentarios

O Concello de Portomarín abre o prazo para poder inscribirse no campamento de Semana Santa co obxectivo dunha boa conciliación familiar. Con esta proposta realizaranse actividades nas que os máis pequenos poderán aprender xogando, con opcións lúdicas como obradoiros ou excursións á natureza.

O programa, que conta con 20 prazas, terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril de 10.00 a 14.00 horas, aínda que tamén ofrecen unha hora de servizo Madruga con libertade de entrada de 09.00 a 10.00. Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e as solicitudes poderán realizarse ata o 8 de marzo. O lugar de entrega e recollida da rapazada será o Espazo Xuvenil.