Skip to main content
Portomarín

Portomarín organiza unha convivencia en Pena Trevinca para a rapazada do concello

Por 10 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Portomarín organiza unha excursión a Pena Trevinca na que a rapazada poderá participar en programas lúdico-educativos, como xogos cooperativos, convivencia na natureza, gyncanas, tiro con arco e diver-ciencia.

A actividade está dirixida a rapaces de entre 6 a 16 anos e desenvolverase do 28 de abril ao 1 de maio no Eco Dos Teixos, un albergue de 26 prazas. Os que queiran formar parte da proposta poden realizar a súa solicitude ata o vindeiro 15 de marzo.

Poderán anotarse un máximo de 18 persoas. Os interesados poden solicitar máis información nos servizos sociais, onde se informará da saída do bus, que roupa será adecuada, así como todas as dúbidas que poidan xurdir.