Skip to main content
Portomarín

A parroquia de Cortapezas, en Portomarín, celebra as súas festas

Por 15 Marzo, 2024Sin comentarios

A parroquia de Cortapezas, en Portomarín, celebra as súas festas na honra a Santa María esta fin de semana. A programación comeza este venres a partir das 21.30 cunha gran churrascada popular e unha festa e verbena da man da orquestra Cinema e unha disco móbil.

O sábado haberá misa solemne, sesión vermú coa orquestra Escaparate, que tamén amenizará a verbena a partir das 23.30 horas. O domingo de novo organizarase unha misa solemne e procesión, seguidas da sesión vermú co dúo Eclipse.