Skip to main content
O Saviñao

Tres obradoiros infantís desenvolveranse durante a Semana Santa no Saviñao

Por 18 Marzo, 2024Marzo 28th, 2024Sin comentarios

O Concello do Saviñao organiza unhas actividades para nenos e nenas do municipio dentro da programación de Semana Santa.

Así, os días 25, 26 e 27 de marzo terán lugar diversos obradoiros para os máis pequenos do Concello entre as 11.00 e as 13.00 horas.

Concretamente, o día 25 terá lugar un de cociña, o 26 será de xoguetes con material reciclado e o día 27 será o de pulseiras e chapas.

As familias interesadas en que os seus cativos participen poderán apuntalos ata o venres 22 de marzo a través do Concello ou chamando ao 982 452 061.