Skip to main content
Folgoso do Courel

Este sábado terá lugar unha ruta de 15 km polo Pico Polín do Courel da man de Coureleando

Coureleando organiza unha nova ruta deportiva para este sábado, 9 de marzo, de dificultade alta para xente habituada a camiñar.

Así, a ruta elixida é de medio quilómetro en vertical de Pico Polín no Courel, percorrendo de Moreda a Longo de Meo, Enciña, Polín, Campa de Lucenza, Formigueiros, Fontes, Rogueira e volvendo a Moreda.

A ruta, que será de 15 km e de arredor de 8 horas, ten sendeiros de montaña con fortes pendentes de 70 % e sendeiros sinxelos de pendentes de 30 %.

Así, animan ás persoas interesadas a participar pero levando o material axeitado á climatoloxía, como zapatillas de trail Goretex ou botas de montaña, bastóns, luvas, mochila con auga e comida e roupa de abrigo.