Skip to main content
Folgoso do Courel

Pablo Antonio Frada impartiu unha xornada práctica de poda para a recuperación de soutos no Courel

A xornada práctica de poda para a recuperación de soutos organizada polo GDR Ribeira Sacra – Courel serviu para aprender as principais técnicas que axudan a recuperación dos soutos afectados polos lumes.

Impartida por Pablo Antonio Fraga Gontán, técnico de CampoLab, acolleu a participación de moitas persoas interesadas neste ámbito e que, despois da aprendizaxe, puideron desfrutar dunha degustación de produtos locais.

Esta actividade, celebrada en Folgoso do Courel, é unha continuidade do proxecto de cooperación “Paisaxes Intelixentes”, cuxo obxetivo principal é o da recuperación e rexeneración medioambiental do  territorio.