Skip to main content
A Pobra do Brollón

O poemario ‘Fuego la sed’ da escritora María Sánchez presentarase na Pobra do Brollón

A Casa da Cultura Olga Novo acolle o vindeiro 13 de marzo, a partir das 20.15 horas, a presentación do novo poemario da escritora María Sánchez Fuego la sed.

Fuego la sed é o segundo poemario da escritora e veterinaria cordobesa María Sánchez, “un libro no que toman a palabra os corpos e os lugares, para contarnos a historia dun perigo: o que axexa a un mundo que se extingue.”

Actualmente afincada no Saviñao, María Sánchez tamén é autora do ensaio Tierra de mujeres. Nos seus textos, presenta unha visión do mundo rural lonxe de estereotipos e defende unha relación máis respectuosa coa terra e a biodiversidade.

En Fuego la sed, Sánchez explora a nosa relación co noso entorno e como as decisións humanas repercuten no territorio en tempos de emerxencia climática. Segundo le a sinopse, “Nos poemas de Fuego la sed toman a palabra os corpos e os lugares para contarnos a historia dun perigo: o que axexa a un mundo –o noso– que se extingue.”

Desde o Concello da Pobra do Brollón defenden que “será unha presentación moi especial en formato conversa entre a escritora e a poeta guímara Olga Novo”.