Skip to main content
A Pobra do Brollón

A parroquia de Saa da Pobra do Brollón acolle diversas actividades esta Semana Santa

Por 24 Marzo, 2024Marzo 25th, 2024Sin comentarios

Os vindeiros 30 e 31 de marzo, sábado e domingo de Semana Santa, a Asociación veciñal de Saa e o Concello da Pobra do Brollón organizan unha serie de actividades para a veciñanza.

Así, o día 30 presentarase o libro A música dos Valladares. Retratos de familia do estradense Pablo Bernárdez e con ilustracións de Hortensia Fernández a partir das 20.00 horas no local social de Saa.

Despois da presentación, terá lugar o concerto de Proxecto Valladares e celebrarase unha foliada na que tamén se repartirá caldo comunitario, polo que os participantes deberán levar cunca e culler.

Pola súa parte, o domingo 31 quedarase ás 11.00 horas no local social de Saa para dar un paseo pola parroquia para recoller nomes de lugares e rexistralos en Galicia Nomeada.