Skip to main content
Sober

Arrinca a XLIV Feira do Viño de Amandi de Sober

Por 23 Marzo, 2024Sin comentarios

Comezou a XLIV Feira do Viño de Amandi de Sober coa actuación de Batucada XdL de Monforte para logo inaugurar a Feira da man da Adega D’Fran de Vilachá de Doade en lembranza de José María Díaz. Na edición deste ano participan 22 bodegas da DOP Ribeira Sacra da subzona de Amandi.

Na xornada de hoxe, sábado, 23 de marzo, abrirán os postos ás 11.00 horas e ás 11.15 actuará Baturruka de Monforte, á que seguirá a Banda de Música de Sober, ás 12.30 horas. Xa pola tarde comezará a Precata oficial ás 17.00 horas, ás 18.00 actuará a Batucada Creativa de Monforte, ás 20.00 horas será a quenda da Charanga Louband de Sarria e ás 23.00 horas o grupo Malenne, na praza do Concello.

Xa o domingo, 24 de marzo, a Charanga NBA actuará ás 10.45 horas e ás 11.00 horas terá lugar o pasarrúas coa Banda de Música de Sober. Ás 11.30 comezará a Cata Final oficial e á vez terá lugar a misa solemne coa bendición de Ramos na Igrexa de Sober. Xa ás 12.30 horas será a recepción de autoridades e ás 13.00 terá lugar o pregón da Feira a cargo de Lucía Rodríguez, que rematará ás 13.30 coa entrega de premios. Xa pola tarde ás 17.30 horas haberá actuación da Charanga NBA e rematará a festa coa orquestra Los Satélites que actuarán a partir das 19.30 horas.