Skip to main content
Taboada

A Asociación O Carballo organiza a presentación do nº 12 da Revista Mazarelos

Este sábado, 16 de marzo, a Asociación Cultural O Carballo de Taboada organiza a presentación de Mazarelos, unha revista de Historia e Cultura, na súa 12ª edición.

Durante a presentación intervirán Alexandre Varela Rubín, directivo da asociación e autor dun artigo publicado en dita revista Asociación Cultural O Carballo: Orixe e metamorfose dunha iniciativa cultural nun concello rural (1985-2023); Miguel Rodríguez, editor de Mazarelos e Manuel Diéguez, concelleiro de Cultura do Concello de Taboada e colaborador deste número.

Todas as persoas interesadas en asistir e desfrutar desta xornada poderán facelo achegándose o sábado ao cuartel vello de Taboada a partir das 20.00 horas.