Skip to main content
Taboada

Taboada acolle esta sábado a festa de presentación da Escudería Taboada

Este sábado, 23 de marzo, terá lugar a festa de presentación da Escudería Taboada, que incluirá diversas actividades.

Así, todo comezará ás 12.00 horas na praza Riazón de Taboada onde se presentará aos membros da Escudería e ás 12.30 horas terá lugar a presentación dos pilotos e copilotos.

Xa as 13.30 horas exporanse os coches de competición na mesma praza e volverán a exporse pola tarde, a partir das 16.15 horas esta vez na rúa Nova, con exhibición de coches de competición e exhibición de drift, que incluirá sorteos e sorpresas.

Xa pola noite, ás 21.30 horas o centro cívico de Taboada acollerá unha cea e a Festa do Racing amenizada polo Dj Carballas e máis sorteos e sorpresas.