Skip to main content
Taboada

Taboada acolle un curso de primeiros auxilios o vindeiro 15 de abril

O Concello de Taboada, de acordo ao Plan de Saúde Local trazado na Área de Sanidade do Concello, colocou un desfibrilador semiautomático, DESA (para uso en caso de parada cardíaca) no Pavillón de Deportes, “tentando facer máis segura a práctica deportiva neste recinto, tanto para xs usuarixs coma para o público asistente”

Por outro lado, o vindeiro 15 de abril impartirase un curso básico de primeiros auxilios e uso do DESA por parte de persoal do 061 de 16.30 a 20.30 horas.

Para participar, as persoas interesadas deberán inscribirse no Concello ou nunha ligazón e en vindeiras datas colocaranse máis desfibriladores accesibles aos veciños.