Skip to main content
Axenda SARRIAXASamos

O vindeiro 27 de abril celebrarase a primeira edición dos Cantos de Taberna de Samos

Por 4 Marzo, 2024Marzo 5th, 2024Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes de Samos organiza a celebración da primeira edición dos Cantos de Taberna da vila o vindeiro sábado 27 de abril.

Co apoio do Concello de Samos, celebrarase este evento co fin de dinamizar a hostalaría e o comercio da vila, tal e como se fai noutros concellos, como o de Sarria.

Os grupos de música interesados en participar desta iniciativa poderán facelo contactando con José Fernández, presidente da Asociación.

Cabe destacar que Chus López, alcaldesa de Samos, decidiu investir parte dos orzamentos de Cultura do Plan da Deputación para celebrar os Cantos de Taberna para aumentar a oferta cultural no municipio.