Skip to main content
Sarria

A exposición ‘ExpoCuir de Zoe Vixion xa se pode visitar na Casa da Cultura de Sarria

Por 4 Marzo, 2024Abril 16th, 2024Sin comentarios

A Casa da Cultura do Concello de Sarria acolle ata o vindeiro 31 de marzo a exposición ExpoCuir de Zoe Vixion, na que a través da fotografía reflexiona sobre os dereitos humanos, a diversidade e o respecto.

Zoe Vixión,  profesional das artes escénicas, dirección, iluminación a través da súa marca persoal, busca normalizar a colectivos a través das súas reportaxes e así o fai tamén neste caso.

A mostra, que foi realizada no festival AgroCuir, reflicte o respecto e a diversidade como orixe da convivencia e encádrase nas iniciativas promovidas co gallo do Día Internacional da Muller do vindeiro 8 de marzo.

Todas as persoas interesadas en visitar esta exposición e coñecer todas as obras representadas poderán facelo achegándose de maneira gratuíta á Casa da Cultura de Sarria.