Skip to main content
Sarria

O Buril acolle unha nova actividade musical da man de Javi Metals e Conducto Coloquio

O Buril acolle un novo concerto no seu local de Sarria esta noite de 26 de abril a partir das 23.30 horas, ao que poderán acudir todas as persoas interesadas pagando unha entrada de 6 euros.

Así, os convidados desta vez son Javi Metals, un grupo de rock do propio municipio, e Conducto Coloquio, un grupo de blues rock de Lugo.

Con esta iniciativa, os veciños e veciñas de Sarria, así como as persoas de fóra interesadas, poderán desfrutar dunha xornada de música rock.