Skip to main content
Cultura SARRIAXAParadela

Descubrindo o patrimonio: Mosteiro de Santa María de Castro de Rei de Lemos de Paradela

Por 29 Marzo, 2024Marzo 30th, 2024Sin comentarios
Por Jessica Fernández.

O Mosteiro de Santa María de Castro de Rei de Lemos do Concello de Paradela, tamén coñecido como Mosteirovello por aludir ao primitivo emprazamento monacal, non ten unha data exacta de construción, xa que se descoñece, pero se sabe que a súa fundación é anterior ao século XII e que inicialmente era un mosteiro beneditino.

Ao principio estaba situado en O Agro de Abelleira, pero os monxes trasladáronse a beiras do río Loio, onde se constitúe en Abadía independente (bernardos). O rei Alfonso VII de León entregou o mosteiro á Orde do Císter en 1142 e recibiu a protección dos reis leoneses e casteláns, vinculado ao mosteiro de Carracedo do Bierzo.

En febreiro de 1167, o rei Fernando II de León concedeu ao mosteiro o coto xurisdicional sobre Castro de Rei, Buxán, Vilarpape e Seixón. En maio de 1210, o rei Alfonso IX de León eximiu ao mosteiro do pago de yantares, un tributo relacionado cos alimentos, que ten a súa orixe no reino de León.

Por outra banda, Alfonso IX realizou varias concesións reais ao mosteiro e visitouno persoalmente en 1228, concesións que serán confirmadas por Fernando III en 1231 e por Alfonso X en 1255.

O mosteiro sufriu unha grave crise durante o século XV, xa que por iniciativa do Mosteiro de Santa María de Montederramo, en 1506 o papa Julio II ordenou que Santa María de Castro de Rei pasase a depender de Montederramo tras o falecemento do abade Juan de Pradomao.

O 3 de xuño de 1522 Santa María de Castro de Rei deixou de ser unha abadía independente e converteuse nun priorado dependente do Mosteiro de Santa María de Montederramo. Algúns autores interpretaron que o mosteiro foi suprimido nesa data, pero existe documentación posterior que proba a súa continuidade. Ademais, a conversión dunha abadía independente en crise nun priorado dependente era un feito habitual na época.

Durante o Trienio Liberal (1820-1823), os monxes tiveron que abandonar o mosteiro debido á supresión das ordes monásticas pola Lei sobre mosteiros e conventos do 25 de outubro de 1820 e finalmente o mosteiro foi suprimido definitivamente polos decretos de exclaustración de 1835.

A igrexa románica na actualidade

Da igrexa primitiva só se conserva a ábsida da epístola, parte dos muros e outros restos da época na que foi construída, que se supón que é da época da arte románica, xa que a ábsida é románica.

A pesa de sufrir un incendio en 1936, foi posteriormente restaurada e no seu interior hai restos de pinturas do século XV e comezos do XVI, así como un capitel prerrománico.

Na súa cruz parroquial posúe unha xoia de prata, dun metro de lonxitude, que data de 1730. Isto lembra aos xoieiros que tiñan as avoas nos que gardaban adornos para poñerse en días especiais, xa que é como un xoieiro cunha peza de prata.

En Mosteirovello continúa acollendo algunhas celebracións relixiosas, como o San Antonio de Padua o 12 e 13 de xuño, e a Feasita celebra o San Roque o 3º domingo de agosto.