Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

O Club Clásicos celebrou a súa tradicional saída do cocido

Por 25 Marzo, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

O Club Clásicos de Sarria celebrou a súa tradicional saída do cocido, un evento que organizan desde a asociación cada ano e na que se reúnen diversos socios ligados ao sector dos vehículos clásicos.

Así, esta quedada consistiu nunha ruta para coñecer a Cidade das Hormigas de Lugo, un lugar sito no núcleo de San Clodio, en Outeiro de Rei, onde visitaron as hormigas en moitos espazos.

Despois da ruta e visita, achegáronse nos seus coches clásicos ata o Restaurante Pereira de Castroverde para degustar o cocido e compartir un tempo entre socios, no que se falou sobre a seguinte actividade programada, o II Rally de Regularidad de Sarria, que se celebrará o vindeiro 4 de maio.