Skip to main content
Láncara

Os nenos e nenas de Láncara poderán desfrutar de diversos obradoiros esta Semana Santa

Por 5 Marzo, 2024Marzo 6th, 2024Sin comentarios

A Concellería de Cultura do Concello de Láncara organiza uns obradoiros Semana Santa infantís para que os nenos e nenas do municipio poidan desfrutar de actividades durante esta Semana Santa.

O prazo para apuntarse xa está aberto, polo que os nenos e nenas de entre 4 e 13 anos interesados en participar destas actividades poderán facelo os vindeiros 25, 26, 27 de marzo entre as 10.00 e as 14.00 horas inscribíndose entre o 6 e o 20 de marzo chamando ao 982 543 066 ou na Biblioteca Municipal.

Estes obradoiros consistirán en decoración de ovos de pascua e diferentes manualidades, xogos variados e talleres interactivos, que terán lugar no Edificio Polifuncional da Pobra de San Xiao.

As prazas para participar destas iniciativas son limitadas, polo que desde o Concello animan aos nenos a apuntarse o antes posible. Terán preferencia os empadroados no municipio, pero tamén poden apuntarse nenos de fóra del.