Skip to main content
Paradela

O Concello de Paradela pide á Deputación o ensanche da estrada que comunica con Currelos

O Concello de Paradela pide o ensanche dunha estrada de titularidade provincial que comunica con Currelos, no Saviñao, xa que cando Darío Campos era presidente da Deputación de Lugo había un convenio para ensanchar a vía ata os 8 metros.

Porén, cos sucesivos gobernos provinciais, o ensanche non chegou a facerse e segue sendo demasiado estreita para o paso de vehículos pesados.

Desta maneira, desde o Goberno local pídenlle á Deputación que se comprometa a afacer esta obra necesaria para os dous concellos e a súa conexión por estrada.