Skip to main content
Paradela

Santiago Rodríguez será nomeado Fillo Adoptivo do Concello de Paradela a título póstumo polo seu pasamento

Por 21 Marzo, 2024Marzo 22nd, 2024Sin comentarios

Santiago Rodríguez López, que vai ser nomeado Fillo Adoptivo de Paradela, faleceu este martes, 19 de marzo, aos aos 52 anos de idade, despois dunha breve enfermidade.

O Concello de Paradela celebrará unha sesión plenaria na que se levará a cabo a culminación do expediente de nomeamento de Santiago Rodríguez López como Fillo Adoptivo do Concello a título póstumo, polos méritos contraídos, nos últimos 30 anos especialmente, en todo o seu traballo a prol da cultura no Concello de Paradela en xeral, e no Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López en particular.

Polo profesor e investigador vanse celebrar en Bristol as correspondentes exequias, e despois da cremación, como era o seu desexo e o da súa familia, trasladaranse as cinzas a Paradela para ser soterradas no Panteón de Paradelenses Ilustres, onde está sepultado o seu pai, o escritor Manuel Rodríguez López.