Skip to main content
Samos

Xa está aberto o prazo para matricularse no Ceip Samos

Por 2 Marzo, 2024Marzo 3rd, 2024Sin comentarios

O centro educativo de Samos xa ten aberto o prazo para matricularse o vindeiro ano despois de ter organizado unhas xornadas de portas abertas para que todas as familias interesadas en coñecer o colexio de Samos poidan facelo concertando unha cita.

Así, púidose visitar o centro e coñecer todas as características do mesmo, como que o horario é de 10.00 a 16.30 horas e ten o servizo de comedor e transporte, así como os servizos gratuítos de madrugadores de 08.00 a 10.00 horas e de extraescolares de 16.30 a 18.30 horas.

Ademais, no centro ofrecen aulas multigrado con aprendizaxe individualizada, colaboración cos centros da contorna e participación no e-dixgal, voz natura, prensa na escola e máis proxectos.