Skip to main content
Sarria

O Buril de Sarria acolle o concerto de Guadaña e José Rubio o día 9

Por 3 Marzo, 2024Marzo 4th, 2024Sin comentarios

O vindeiro 9 de marzo a partir das 21.00 horas a sala Buril de Sarria acollerá un novo concerto, neste caso de Guadaña xunto con José Rubio.

Guadaña é unha banda fundada por Salva Sánchez e Glory Romero tras a disolución de Huma e a súa música bebe de influencias que van desde o Heavy máis clásico ata o Core máis moderno, pasando polo Speed ou o metal máis progresivo. Ademais, son un dos referentes do metal cantado en castelán.

Pola súa parte, Jose Rubio é un guitarrista de rock que formou parte de bandas como Trilogy, Warcry, José Andrea y los Uroboros, Pacho Brea, pero agora vai por libre, polo que actuará con Guadaña dando un bo espectáculo.