Skip to main content
Sarria

O espectáculo familiar ‘María Pita’ de Cristina Collazo representarase na Casa da Cultura de Sarria

Por 2 Marzo, 2024Marzo 3rd, 2024Sin comentarios

A Casa da Cultura de Sarria acolle esta tarde a partir das 17.00 horas o espectáculo familiar María Pita da Cova das Letras e coa actriz Cristina Collazo, que terá lugar na Casa da Cultura do municipio.

A obra teatral reflicte a problemática dos nosos días: a desigualdade que aínda persiste entre homes e mulleres e realízase un paralelismo escénico entre o século XVI e o XXI, onde unha heroína de guerra e unha árbitra de fútbol expoñen os obstáculos de vida e conversan co público.

Así, “unha viaxe a través do tempo demostra que hai moitas máis Marías Pitas do que pensamos e cada unha nos contará a súa historia”, explican desde o Goberno local. “O humor e ironía teñen o seu protagonismo, onde se conxugan os monicreques, a danza e a participación activa das asistentes”, conclúen.