Skip to main content
Sarria

A exposición ‘Anhelos’ poderase visitar en Sarria ata o 20 de marzo

Por 5 Marzo, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

A Antiga prisión preventiva, sede da Oficina de Turismo do Concello de Sarria, acollerá, ata o 20 de marzo, a exposición fotográfica Anhelos da Concellaría de Asuntos Sociais do Concello de Sober.

Esta exposición fotográfica sobre a deconstrución da masculinidade tradiciona xorde coa finalidade de reflexionar sobre a necesidade de deconstruír o modelo de masculinidade dominante e sobre a importancia de xerar novas formas de relación coas mulleres, vínculos mais libres para ambos e afastados do que a sociedade patriarcal nos inculcou e vendeu como “normal”.

Para elo, e, como medio, empregouse 19 fotos de 34 homes e 7 mulleres e nelas pódese atopar, entre outros e outras, ao alcalde do concello de Sober, Luís Fernández Guitián.