Skip to main content
Sarria

Os veciños de Sarria afectados pola liña de alta tensión que dará servizo a parques eólicos poderán presentar propostas

Os veciños de Fonteabuín de Sarria organizaron unha reunión para tratar o tema da afectación que van sufrir pola futura liña de alta tensión que dará servizo a uns parques eólicos.

Estes son de 220.000 voltios e evacuarán enerxía de Becerreá ata Chantada, polo que os veciños temen que a liña poida ter impacto ambiental negativo sobre o rural e tamén nas zonas urbanas, onde podería afectar á saúde das persoas que viven aí.

Por isto, o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, díxolles que podían presentar as súas propostas á Alcaldía arredor de trazados alternativos e comprometeuse a defender os intereses dos veciños.