Skip to main content
Sarria

O alumnado do IES Xograr está a realizar o segundo estudo da calidade do aire de Sarria

Por 8 Marzo, 2024Marzo 9th, 2024Sin comentarios

O alumnado de 1º e 3º de ESO do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria están a desenvolver o segundo estudo da calidade do aire do municipio no Proxecto Competencial e coa colaboración do Concello De Sarria.

Deste xeito, o alumnado participante de 1º de ESO percorreu distintas zonas colocando tubos de mostras en puntos estratéxicos da vila seleccionados previamente. Dentro de tres semanas, o alumnado de 3º de ESO recollerá os tubos e pasarase á segunda fase do estudo, na que se analizarán as mostras recollidas para obter os resultados que miden a calidade do aire.

Esta investigación, que se realizou por primeira vez o curso pasado, utiliza unha metodoloxía aprendizaxe-servizo, e tamén forma parte das actividades do Club de Ciencia.

Os resultados obteranse por medio dunha aplicación móbil de soporte que require dun rigoroso protocolo de actuación. Unha vez finalizado o estudo, o alumnado fará público o resultado informando á poboación sarriá.