Skip to main content
Sarria

Máis de 350 persoas participaron da carreira ‘Vivas e Iguais’ de Sarria

Por 11 Marzo, 2024Marzo 12th, 2024Sin comentarios

Sarria acolleu a sétima edición da carreira Vivas e Iguais en conmemoración do Día Internacional da Muller, 8M, e na que participaron máis de 350 persoas.

Desde o Concello de Sarria quixeron felicitar ás gañadoras e gañadores e tamén ás participantes da carreira e da andaina,xa que “todos e todas facedes posible cada ano a celebración desta proba deportiva”, sosteñen.

Ademais, aproveitan para felicitar a toda a organización e os membros dos corpos de seguridade por velar pola celebración segura desta cita, que deixou diversos premios para as gañadoras.