Skip to main content
Sarria

Impaled Corpses, Raze e Pneura actuarán este sábado no Buril

Este sábado, 16 de marzo, O Buril acollerá unha nova iniciativa musical, na que grupos de rock metal amenizarán a noite a partir das 22.00 horas.

Os grupos que actuarán serán Impaled Corpses, un grupo de metal extremo de Pontevedra; Raze, un grupo de trash metal das Pontes; e Pneura, que é de death crust experimental de Verín.

As persoas interesadas en formar parte desta experiencia rockeira poderán achegarse ao local do Buril o sábado a partir das 21.30 horas e pagar unha entrada de 8 euros.