Skip to main content
Sarria

Félix Seijas e Claudio Garrido recibiron ao novo xefe provincial de tráfico en Sarria

O concelleiro de Seguridade e Emerxencias de Sarria, Félix Seijas, e o alcalde, Claudio Garrido, recibiron a visita do novo xefe provincial de tráfico, Alberto Rodríguez Fernández.

Na reunión que mantiveron, tratáronse temas relevantes para Sarria, desde a seguridade viaria ata a educación, así como posibles colaboracións entre as institucións.

Desde o Concello de Sarria din que “felicitamos e desexamos toda a sorte ao novo responsable da DXT na provincia nesta nova etapa”.