Skip to main content
Sarria

Sonia Arias presentou o seu libro ‘Los zapatos del lobo’ en Sarria nun acto “que foi espectacular”

A escritora paradelense Sonia Arias presentou o seu libro ‘Los zapatos del lobo’ na biblioteca pública municipal de Sarria, un evento ao que acudiron moitos veciños e veciñas de Sarria como da comarca.

Un salón de actos cheo fixo que a autora do libro aínda estea “nunha nube porque foi espectacular, e todo cheo de emocións”. Ademais, di que “houbo moitísima compenetración entre os participantes e eu”, sostén.

Moitos foron os nenos e nenas que se achegaron coas súas familias a desfrutar da presentación e que lle fixeron á autora preguntas “comprometidas e difíciles de contestar”, o que lle sorprendeu a Arias.

En definitiva, “foi, sen dúbida, unha das mellores presentacións que fixen ata o momento en emocións, en empatía”, explica. “Incrible, estou encantada”, conclúe.