Skip to main content
Sarria

Efrén Castro valorou o compromiso da Asociación de Palilleiras de Sarria

Por 17 Marzo, 2024Marzo 18th, 2024Sin comentarios

O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro visitou a Xuntanza de Palilleiras e Labores Artesanais Vila de Sarria, que a Asociación de Palilleiras Camiño de Santiago de Sarria recuperou tras catro anos de parón coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O encontro reuniu máis de 200 palilleiras de distintas localidades de Galicia e tamén de Asturias, que recibiron como agasallo e recoñecemento ao seu traballo publicacións sobre a artesanía e o patrimonio lucense.

Efrén Castro valorou “o compromiso da asociación de palilleiras de Sarria para dar continuidade ao encontro e poñer en valor este traballo artesán”.