Skip to main content
Sarria

A VIII Estremonía Cantada de Sarria acolleu a máis de 200 persoas participantes

A VIII edición da Estremonía Cantada Cantos de Taberna de Sarria que se desenvolvou durante a xornada da tarde do sábado foi todo un éxito, segundo sosteñen os seus organizadores da Asociación Peleriños.

Despois das dúas rutas, a Ruta Branco e a Ruta Tinto, pola noite rematou o evento cunha cea aberta ao publico na Unión, onde cada grupo cantou unha peza, coa presentación do evento por parte de Cé orquestra pantasma e posterior actuación.

“Foi un dos anos nos que houbo máis xente nos bares, o tempo axudou e incluso se puido tocar nalgunha terraza e algún grupo tocaba pola rua de camiño ó seguinte bar, o que animaba moito o ambiente, xa que foron preto de 200 participantes”, explican.

Ademais, este ano houbo 16 grupos de música participantes, catro novos, “que quedaron encantados e con ganas de repetir”. Isto, unido á gran demanda de grupos que hai, xa que quedaron seis que non puideron participar, “indica a forza que ten este evento, dos primeiros en Galicia e hoxe un dos que mais sona ten”, destacan desde Peleriños.