Skip to main content
Sarria

Xabier Blanco, da Fundación Legar, protagonizará un encontro de Mulleres Raíz en Chorente

A casa Os Currás de Chorente acollerá este venres e sábado, 22 e 23 de marzo, un encontro de Mulleres Raíz, un proxecto da fundación Legar, a Asociación Peleriños, Roxin Roxal, a Fundación Uxío Novoneyra, a Anpa do Ceip de Oural e Nova Escola Galega.

O obxectivo é darlle difusión aos oficios tradicionais das mulleres galegas, polo que tamén conta coa colaboración do Ministerio de Cultura.

O acto, que será dedicado ao docente Iván Tourón que faleceu en 2021, contará coa actuación do músico e musicólogo Xabier Blanco, que realizará a representación dos oficios a través de instrumentos que usaban as mulleres galegas.

Ademais, as persoas participantes poderán compartir as súas experiencias, cantar, bailar, falar e contar recordos dos oficios tradicionais das súas antepasadas.