Skip to main content
Sarria

O alumnado do ciclo de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos de Sarria protagonizou unha comida

Por 19 Marzo, 2024Marzo 20th, 2024Sin comentarios

O titor, Luís Fernández, e o alumnado do ciclo superior Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos do IES Gregorio Fernández de Sarria organizaron unha comida no Hotel Alfonso IX.

Esta proposta enmárcase nas actividades para fomentar o equipo de traballo entre os 12 alumnos e alumnas que participan deste ciclo de Formación Profesional que desenvolve as súas clases en horario de tarde ou tamén chamado nocturno.

O ciclo, que leva implantado desde o ano 2009, ten como finalidade a formación de persoas en nas tecnoloxías que fan posible o mantemento de equipos electrónicos, polo que pensan organizar outra iniciativa na que viaxarán a Madrid a visitar empresas de electrónica para aeronáutica.