Skip to main content
Sarria

O gañador da campaña do Día do Pai da ACES de Sarria foi Carlos Díaz

Por 22 Marzo, 2024Marzo 27th, 2024Sin comentarios

Carlos Díaz López vén de gañar o sorteo realizado con motivo da campaña do Día do Pai do Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES de Sarria por unha compra en Sabrina Moda.

Todos os clientes dos establecementos asociados da vila de Sarria que realizaron algunha compra dende o 6 ata o 19 do mes de marzo poderán optar a gañar un vale de 200€ para gastar nos comercios asociados.

Trátase dunha campaña máis de dinamización do comercio da vila e incentivación ao consumo, premiando aos consumidores que fan as súas compras na vila.