Skip to main content
Sarria

Cáritas organiza unha charla informativa sobre estranxería en Sarria

A Igrexa de Nosa Señora do Rosario de Sarria acollerá este martes, 26 de marzo, unha sesión informativa en materia de estranxería dentro do proxecto ‘Contade con Nos’ de Cáritas Diocesana de Lugo.

A charla, que se desenvolverá a partir das 17.00 horas, é informativa e gratuíta, polo que todas as persoas interesadas en acudir a esta iniciativa poderán facelo.

Así, deberán recoller a folla de inscrición no Departamento de Sevizos Sociais do Concello ou ben cubrila o mesmo día da charla na sede de Cáritas.