Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

Dous equipos de MotorSport participarán nun raid solidario en Marrocos

Por 14 Marzo, 2024Sin comentarios

A concelleira de Deportes, Elena López, e a concelleira de Benestar Social, Tania Pardo, fixeron entrega da axuda humanitaria, recollida no concello das Pontes durante a semana pasada, aos dous equipos da escudería As Pontes MotorSport que participarán no Chatarras Raid de Marrocos.

Trátase dos pilotos Aitor Fornos xunto con Sheila González e Rubén Gandoy con Sandra Torrente. Ao tratarse dunha proba solidaria, durante o percorrido, ambos pararán en diferentes poboacións para doar material escolar, alimentos e roupa.

Os equipos partirán o xoves cara esta aventura, que arrancará o sábado 16 de marzo, de Castellar de la Frontera e na que participarán 220 equipos, procedentes de distintos países, que percorrerán 3.000 quilómetros, ata chegar a Marrakech.