Skip to main content
Deportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

A liga Atlántica de Billarda Noroeste xuntou en Castro de Rei a 65 xogadores

Por 15 Marzo, 2024Sin comentarios

Celebrouse a 12 xornada da liga Atlántica de billarda no pavillón municipal de Castro de Rei na que se xuntaron 65 xogadores de 11 equipos representantes de 3 provincias galegas, Lugo, A Coruña e Pontevedra. A Galiña de Mos, con tanta choiva, tomou precaucións e non se moveu do galiñeiro. Aínda así, os ovos chegaron puntuais e marcharon cando puideron.

En categoría individual absoluta, venceu Xan Rodiño de Lúa de Forza Sanxenxo, segundo foi Óscar Ponte de Campo da Feira de Paiosaco e terceiro Eduardo Garcia do mesmo equipo.

En categoría individual feminina, foi primeira a super campioa Geni de Billardeiros Musicais de Ribadeo, segunda foi Irene de Cochiqueiros de Cerceda e terceira Pili de Río Miño de Castro de Ribeira Lea-Lugo.

En categoría individual infantil, ganou o intratable Raio Verde Xián de Lúa, segundo foi Valentín de Filloas de Sangue da Coruña e terceiro Migui de Río Miño de Castro de Ribeira Lea-Lugo

En categoría de equipos ganou por vez primeira Río Miño de Castro de Ribeira Lea-Lugo . Ben que aproveitou o ser equipo local. Con 83 puntos empatou con Campo da Feira e por puntuación máis alta dun dos seus xogadores Cortón 23 puntos, levouse a vitoria e os agasallos. Terceiro foi Billardeiros Musicais con 80ptos.

Dende a Liga Atlántica de Billarda agradecidos ao concello de Castro de Rei e o seu alcalde Francisco Javier Balado Teijeiro, pola entrega de trofeos e o equipo organizador Río Miño pola magnifica organización que rematou con un xantar para palanadores e familiares no restaurante Anllo de Muimenta, Cospeito.

A próxima xornada será o 24 de marzo en Oleiros e pode disputarse na praia de Bastiagueiro onde o ano pasado acudiu moita xente a presenciar a xornada.